6 de outubro de 2017

Penélope tece

As madeixas, de todas as cores imaxinables, non conseguían facer esquecer o frío do cuarto que debería ter sido da nena.
            A brutalidade do despoxo. A morte do berce feito e vernizado a man de madeira natural.
            Morte das cenefas de animais e das súas letras.
          Morte da randeeira herdanza da avoa aleitando xeracións de fillos propios e alleos, pel descascada polo paso do tempo.
            Morte do coxín bordado.
            Morte do moble cambiador sinxelo a man rematado con teas de cores vivas e infantís.
            Penélope odia o rosa.
            Morte da roupa minúscula de nena desexada acumulada nos caixóns.
            Morte dos cueiros pendurados na parede de 2 a 5 quilos de bebé.
            Morte da lámpada infantil.
            Morte das cortinas feitas coas súas propias mans.
            Morte da cadeira para o coche.
            Morte dos peluches.
           Morte do termómetro, a crema para o cu, o aceite hidratante, o xabón neutro, o cepillo, o peite, a esponxa natural, a toalla con orellas de gatiño.
            Morte da alfombra.
            Todo.
            Todo fora arrasado.


Penélope teje


Las madejas, de todos los colores imaginables, no conseguían hacer olvidar el frío del cuarto que tenía que haber sido de la niña.
            La brutalidad del despojo. La muerte de la cuna hecha y barnizada a mano de madera natural.
            Muerte de las cenefas de animales y sus letras.
          Muerte de la mecedora herencia de la abuela amamantando generaciones de hijos propios y ajenos, piel descascarada por el paso del tiempo.
            Muerte del cojín bordado.
           Muerte del mueble cambiador sencillo a mano rematado con telas de colores vivos e infantiles.
            Penélope odia el rosa.
            Muerte de la ropa minúscula de niña deseada acumulada en los cajones.
            Muerte de los pañales colgados en la pared de 2 a 5 kilos de bebé.
            Muerte de la lámpara infantil.
            Muerte de las cortinas hechas con sus propias manos.
            Muerte de la silla para el coche.
            Muerte de los peluches.
           Muerte del termómetro, la crema para el culo, el aceite hidratante, el jabón neutro, el cepillo, el peine, la esponja natural, la toalla con orejas de gatito.
            Muerte de la alfombra.
            Todo.
            Todo había sido arrasado.


22 de decembro de 2016

A candidata, de Miguel Sande



Lin esta semana a última novela premiada no García Barros, da que, esquematicamente, saliento tres contras:

1. Algúns fíos narrativos, coido que interesantes, quedan sen profundizar, mesmo a historia que dá título á obra. Certo que isto potencia ocos a encher desde á imaxinación lectora. Ás veces a narración detense en descricións máis ou menos afortunadas.
2. Certas escenas de sexo non me resultan coherentes co transcorrer da narración.
3. O final.

E, por suposto, tres pros:

1. Estrutura interesante que permite coñecer a mesma historia desde varios eus.
2. Imaxes potentes, poéticas, contundentes, ben escritas.
3. Novela para ler sen soltar o libro.

12 de decembro de 2016

Festivala

Festivala
Aínda con retraso, deixo constancia do paso polo Festivala, festival de mulleres creadoras, en Vilagarcía de Arousa, cos poemarios autoeditados. Tivemos que facer máis para a ocasión. Sorprendeume unha muller aleitando pechada no baño...
Pide aquí o poemario: arainhadasformigas@gmail.com

Festivala
Aún con retraso, dejo constancia del paso por el Festivala, festival de mujeres creadoras, en Vilagarcía de Arousa, con los poemarios autoeditados. Tuvimos que hacer más para la ocasión. Me sorprendió una mujer amamantando cerrada en el baño...
Pide aquí el poemario: arainhadasformigas@gmail.com


5 de decembro de 2016

Din do noso poemario





Hoxe na Voz, agradecida a Ramón Nicolás polas súas palabras sobre Nin pombas nin flores. Recordade que podedes conseguir o libro escribindo ó mail arainhadasformigas@gmail.com. E, se xa o tes, mándanos a túa lectura. Grazas!

Dicen de nuestro poemario...
Hoy en La Voz, agradecida a Ramón Nicolás por sus palabras sobre Nin pombas nin flores. Recordad que podéis conseguir el libro escribiendo al mail arainhadasformigas@gmail.com. Y, si ya lo tienes, mándanos tu lectura. ¡Gracias!

Poemarios


Quedan aínda uns poucos poemarios desta primeira autoedición, Nin pombas nin flores e Mater lux, de Besteiros e Piñana. Aínda non tes o teu? Escríbenos: arainhadasformigas@gmail.com
A foto é da presentación no aniversario de GEA, o centro da psicóloga Jesica Rodríguez en Vilagarcía.

Poemarios
Quedan aún unos pocos poemarios de esta primera autoedición. Ni palomas ni flores y Mater lux, de Besteiros y Piñana. ¿Aún no tienes el tuyo? Escríbenos: arainhadasformigas@gmail.com
La foto es de la presentación en el aniversario de GEA, el centro de la psicóloga Jesica Rodríguez en Vilagarcía.


22 de xuño de 2016

O espello do mundo de Ramón Nicolás



Tremo. Cada vez que debo ler aquilo que escribe algún amig@, familiar ou só coñecido. E é que son eu "complicada", por non dicir "rara", con isto da literatura. Anos levo lendo practicamente só mulleres, practicamente só poesía e, con preferencia, contemporánea. Así pois, a novela dun home, de teor histórico e centrada no mil e pico, en principio, non entraría nas miñas preferencias. Pero, como non lela?
            E, así, achégome ó espello do mundo a uns poucos quilómetros do lugar onde a historia acontece. Rodeada de pedras que tragaron historias. Rodeada do silencio, moitas veces imposto, que agochan as construcións humanas cando os séculos avanzan cara ós devanceiros e devanceiras do futuro. A Ona Guiomar Méndez fáiseme carne e podo ver o remexer da touquinegra por riba das silvas e sabugueiros que larpan as pedras. Podo sentila abrindo a fenda do tempo ata pousar firmemente os pés na terra súa e agora miña. Damos a man a través do espello. O tempo esvaece. Rompen o silencio as voces esquecidas. E xusto mentres leo chega á aldea unha parella na procura das súas raíces. O avó, emigrante, exiliado, que deixara a casa no ano 1914. Hoxe só queda o lugar, a pegada do tempo a converterse en xabre. A memoria é unha necesidade.
            A novela fáiseme curta. Quero máis. Quero seguir escoitando a Martiño a arrincar o po da historia, a tomar con forza as rendas da súa propia vida. Quero saber de Guiomar, Constanza, Hildegarda, Eleonora. Quero que a avoa e Ermidas conten por que marcharon. Quero inserir a Icía como elo na cadea formidable de mulleres que foron e serán.
            Marabíllame a fluidez da linguaxe, a rapidez coa que se transita por unha historia de recendo antigo, de lingua exquisita que atrapa e nin o emprego, por veces, do latín, consegue entorpecer a lectura, dificultar a mensaxe. A mestría de xogar co presente e o ausente para ensarillarnos nunha historia que nos resistimos a abandonar cando concluímos as súas 191 páxinas.
            Finalizo felicitando ó autor pola súa estrea ó outro lado do quefacer literario e agradecéndolle a enorme tarefa que supón deitar luz sobre a escondida bibliografía dunha época, dunhas mulleres, dunhas vidas que fan parte da nosa. Grazas por levantar a memoria das pedras.

17 de xuño de 2016

Canciones de espinas

A miña lectura de Canciones de espinas, da mexicana Marisol Vera Guerra, recollida no seu blog.

Mi lectura de Canciones de espinas, de la mexicana Marisol Vera Guerra, recogida en su blog.

http://mujerespejo.blogspot.com.es/2016/06/recension-de-canciones-de-espinas.html