Amosando publicacións coa etiqueta maternidad. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta maternidad. Amosar todas as publicacións

20 de outubro de 2017

Penélope tece (3)

Fotografía de Anna Gilabert

Suspendida. Interrompida en empurrón de morte aquela madrugada, amencer que debía ser de vida.
            Sinto o meu corpo detido naquela noite, agardando volver ó antes. Só viven loquios manados do meu corpo de corenta e cinco anos. Melena escura tornada branca, cabelo a cabelo, como fendas que me habitan. Buraco estéril que é hoxe o meu ventre. Nunca máis primaveras polo corpo. Xamais peitos cheos de vida. Non quedaba xa nin un só óvulo.
            Esa noite dúas as puntas dos meus peitos liberaron leite fluíndo corpo abaixo. Non hai ninguén que a beba. Regos formados na miña carne, peitos cheos como pedras quentes, montañas de ventre sucado de estrías, barriga morta abaixo, cruzan a cicatriz, chegan ó pube. Son un cemiterio. As miñas entrañas crematorio.
            Comenza a desentumecerse o corpo, pouco a pouco, día a día, seguindo a Telémaco a quen coidar. Cantos movementos pasan polo útero que me arrincaron. As hormonas que me mantiveran alerta os primeiros días volvéronse calma contida dunha morte que flotaba en todo ambiente, que invadía corpo, casa, restos da miña vida. O leite marchou. Son a autómata que cociño, frego, tendo a roupa ó sol, paso a vasoira polo chan frío, paso o ferro paseniño e crávaseme a dor, a miña cicatriz. Sentila. Sentir algo.
            O teléfono dime o bo que é estar viva. A necesidade de rematar o loito que Telémaco te necesita. A fortuna de ter un fillo vivo pisando as cabezas das mulleres estériles. A sorte de morrer nacendo, xente que suma amor como anos, esa xente. Corto o cable do maldito teléfono, apago o eco desas voces. Deixo de saír á rúa. Non teño roupa que me sirva. Apértaseme ó corpo aínda de xestante. O meu ventre obcecado en manter a curvatura daquela que xa non virá. A roupa pre mamá é unha labazada. A porta aberta ás preguntas.
            Aínda non pariches, dicía a vella do segundo chegando eu do hospital, mans baleiras.
            Non sabía que estabas esperando, berrou unha mera coñecida na consulta da matrona, pouco despois do enterro.
            Conxélaseme o alento e as palabras afóganseme na gorxa. Telémaco come a súa propia dor e alivia o meu.
            Xuntos e sós buscamos un lugar especial no monte que circunda esta cidade. Deixamos o vento levar as súas cinzas, que xogan entre as árbores, repousan no corpo dos paxaros e dos pequenos mamíferos. Afúndense na terra para converterse en herba, silvas, humus, sustento, devolvela á terra que nos devolve á súa vez en feto inexorable sucesión de almas.
            Telémaco cargou as pedras máis fermosas e pintounas na casa morta das cores  esperanza e ledicia, bolboretas co nome da súa irmá entre as ás. As pedras decoraban o obradoiro, cuarto de nena falecido. As súas fotografías, espida e morta sobre o peito espido e morto de Penélope, tecendo soños rotos coa pel pálida da morte, convertida en cadáver fuxindo dos espellos, ningún reflicte a muller que fora. Cartolina coas súas pegadas, pés e mans, estáticos, peso, data de nacemento da súa morte. Guedella do seu cabelo claro atado en lazo vermello. Penélope odia o rosa. Un único vestido diminuto salvado da destrución, o abandono. O peluche que el mesmo lle comprou. As ecografías como presaxio en branco e negro de nove meses. Todo convertido en altar. Acendiamos candeas. Todo xunto non valía nada, era só cinza, aire que non substitúe un corpo quente ó lado, tocándonos. Nada vale unha nena crecendo, aprendendo, andando pola casa. O seu sorriso. O meu nome nos seus beizos. Obxectos que non din mamá nin dan apertas. Nin oen os contos que lle leo a unha nena criándose libre. Non crece o pelo das mortas. Non hai pelo que trenzar nin falar do corpo das mulleres. Quería contarlle todo. Contarlle tanto. Falarlle da vulva e as carúnculas. Do sangue menstrual, preludio da vida, o sexo, o sexo forte que era ela, seguinte xeración de mulleres paridoras. Aprenderlle a dicir non. Pero ela, nena querida, xa o sabía todo.
            Chego tarde a todos os repartos. 


Fotografía de Anna Gilabert

Suspendida. Interrumpida en empujón de muerte aquella madrugada, amanecer que debía ser de vida.
            Siento mi cuerpo detenido en aquella noche, aguardando volver al antes. Solo viven loquios manados de mi cuerpo de cuarenta y cinco años. Melena oscura tornada blanca, cabello a cabello, como grietas que me habitan. Agujero estéril que es hoy mi vientre. Nunca más primaveras por el cuerpo. Jamás pechos llenos de vida. No quedaba ya ni un solo óvulo.
            Esa noche dos las puntas de mis pechos liberaron leche fluyendo cuerpo abajo. No hay nadie que la beba. Riegos formados en mi carne, pechos llenos como piedras calientes, montañas de vientre surcado de estrías, barriga muerta abajo, cruzan la cicatriz, llegan al pubis. Soy un cementerio. Mis entrañas crematorio.
            Comienza a desentumecerse el cuerpo, poco a poco, día a día, siguiendo a Telémaco a quien cuidar. Cuántos movimientos pasan por el útero que me arrancaron. Las hormonas que me habían mantenido alerta los primeros días se volvieron calma contenida de una muerte que flotaba en todo ambiente, que invadía cuerpo, casa, restos de mi vida. La leche se marchó. Soy la autómata que cocino, friego, tiendo la ropa al sol, paso la escoba por el suelo frío, plancho despacio y se me clava el dolor, mi cicatriz. Sentirla. Sentir algo.
            El teléfono me dice lo bueno que es estar viva. La necesidad de rematar el luto que Telémaco te necesita. La fortuna de tener un hijo vivo pisando las cabezas de las mujeres estériles. La suerte de morir naciendo, gente que suma amor como años, esa gente. Corto el cable del maldito teléfono, apago el eco de esas voces. Dejo de salir a la calle. No tengo ropa que me sirva. Se me aprieta al cuerpo aún de gestante. Mi vientre obcecado en mantener la curvatura de aquella que ya no vendrá. La ropa pre mamá es una bofetada. La puerta abierta a las preguntas.
            Aún no pariste, decía la vieja del segundo llegando yo del hospital, manos vacías.
            No sabía que estabas esperando, gritó una mera conocida en la consulta de la matrona, poco después del entierro.
            Se me congela el aliento y las palabras se me ahogan en la garganta. Telémaco come su propio dolor y alivia el mío.
            Juntos y solos buscamos un lugar especial en el monte que circunda esta ciudad. Dejamos al viento llevarse sus cenizas, que jugaron entre los árboles, reposaron en el cuerpo de los pájaros y de los pequeños mamíferos. Se hundieron en la tierra para convertirse en hierba, zarzas, humus, sustento, devolverla a la tierra que nos devuelve a su vez en feto inexorable sucesión de almas.
            Telémaco cargó las piedras más hermosas y las pintó en la casa muerta de los colores  esperanza y alegría, mariposas con el nombre de su hermana entre las alas. Las piedras decoraban el taller, cuarto de niña fallecido. Sus fotografías, desnuda y muerta sobre el pecho desnudo y muerto de Penélope, tejiendo sueños rotos con la piel pálida de la muerte, convertida en cadáver huyendo de los espejos, ninguno refleja la mujer que había sido. Cartulina con sus huellas, pies y manos, estáticos, peso, fecha de nacimiento de su muerte. Mechón de su cabello claro atado en lazo rojo. Penélope odia el rosa. Un único vestido diminuto salvado de la destrucción, el abandono. El peluche que él mismo le compró. Las ecografías como presagio en blanco y negro de nueve meses. Todo convertido en altar. Encendíamos velas. Todo junto no valía nada, era solo ceniza, aire que no sustituye un cuerpo caliente al lado, tocándonos. Nada vale una niña creciendo, aprendiendo, andando por la casa. Su sonrisa. Mi nombre en sus labios. Objetos que no dicen mamá ni dan abrazos. Ni oyen los cuentos que le leo a una niña criándose libre. No crece el pelo de las muertas. No hay pelo que trenzar ni hablar del cuerpo de las mujeres. Quería contarle todo. Contarle tanto. Hablarle de la vulva y las carúnculas. De la sangre menstrual, preludio de la vida, el sexo, el sexo fuerte que era ella, siguiente generación de mujeres paridoras. Enseñarle a decir no. Pero ella, niña querida, ya lo sabía todo.
            Llego tarde a todos los repartos.

12 de decembro de 2016

Festivala

Festivala
Aínda con retraso, deixo constancia do paso polo Festivala, festival de mulleres creadoras, en Vilagarcía de Arousa, cos poemarios autoeditados. Tivemos que facer máis para a ocasión. Sorprendeume unha muller aleitando pechada no baño...
Pide aquí o poemario: arainhadasformigas@gmail.com

Festivala
Aún con retraso, dejo constancia del paso por el Festivala, festival de mujeres creadoras, en Vilagarcía de Arousa, con los poemarios autoeditados. Tuvimos que hacer más para la ocasión. Me sorprendió una mujer amamantando cerrada en el baño...
Pide aquí el poemario: arainhadasformigas@gmail.com


5 de decembro de 2016

Din do noso poemario





Hoxe na Voz, agradecida a Ramón Nicolás polas súas palabras sobre Nin pombas nin flores. Recordade que podedes conseguir o libro escribindo ó mail arainhadasformigas@gmail.com. E, se xa o tes, mándanos a túa lectura. Grazas!

Dicen de nuestro poemario...
Hoy en La Voz, agradecida a Ramón Nicolás por sus palabras sobre Nin pombas nin flores. Recordad que podéis conseguir el libro escribiendo al mail arainhadasformigas@gmail.com. Y, si ya lo tienes, mándanos tu lectura. ¡Gracias!

Poemarios


Quedan aínda uns poucos poemarios desta primeira autoedición, Nin pombas nin flores e Mater lux, de Besteiros e Piñana. Aínda non tes o teu? Escríbenos: arainhadasformigas@gmail.com
A foto é da presentación no aniversario de GEA, o centro da psicóloga Jesica Rodríguez en Vilagarcía.

Poemarios
Quedan aún unos pocos poemarios de esta primera autoedición. Ni palomas ni flores y Mater lux, de Besteiros y Piñana. ¿Aún no tienes el tuyo? Escríbenos: arainhadasformigas@gmail.com
La foto es de la presentación en el aniversario de GEA, el centro de la psicóloga Jesica Rodríguez en Vilagarcía.


1 de xuño de 2016

(II) Crónica: De gatos, poesía e mulleres marabillosas

As seis da mañá cando número dous esperta. Está descolocado. Quedara durmido no coche, non sabe onde está. Esperto eu cun vulto no pescozo, baixo a orella esquerda. Un ganglio. Doe e esténdese orella arriba mandíbula abaixo. Carraspeira. Dóeme a gorxa, xusto hoxe que teño que presentar o libro. O libro, ese que temos a medio terminar, que nos faltan copias e montaxe e só unha mañá por diante. Por sorte a acupuntura funciona, os nenos xogan ben entretidos e nós poñémonos en marcha. Decidimos, por rapidez e comodidade, fotocopialo. Uns 700 folios para dobrar un a un, que xa chegan pasando o mediodía. Alí tod@s dobramos e dános a hora de comer e aínda falta e menos mal que Anna ten unha grampadora eléctrica e, in extremis, grampan copias e portadas mentres eu escribo a man os títulos, o nome da pintura, o número de exemplar. Non nos dá tempo de acabar pero saímos cos libros que temos. Quedaramos nun parque, onde é máis fácil que estean os nenos entretidos. Levamos unha mesiña para poñer mel e pan galego, degustación de Mel e Punto. E alí nos plantamos, á sombra. Anna fixera un cartel e pegárao polo barrio. E alí, en Barcelona, coñecín por fin a dúas mulleres das grandes, desas ás que hai que seguir de preto, para aprender e admirar. Coñecín en carne a Anahi e a Imma, matrona, que viña directa de atender un parto que se iniciara xusto esa mañá. Nin parara a comer. Grazas a ambas por vir e por ese anaco de charla sobre libros e maternidades. Quédanme tan curtas as palabras que aínda hoxe me parece soño. 
O tempo voou e xa é hora de marchar, tócanos viaxar a Zaragoza. Antes terminamos de grampar os poemarios, recollemos, despedímonos e ó saír de Barcelona pasamos pola Sagrada Familia. Que non se diga, fago foto en marcha. Das cidades só me gusta a pedra. Edificios, asfalto e coches. Todas son iguais para min.
Chegamos a Zaragoza de novo cos nenos durmidos. De novo amañámonos cun sofá cama ó lado dun colchón. Comezo a descolocarme, tantos quilómetros, tan poucas horas e tantos cambios. É unha parada breve, durmir, almorzar, marchar, e outra vez outra quedada noutro parque. Xusto a chuvia comeza a caer con forza cando temos que despedirnos. Saímos ó mediodía, comemos no coche co tempo xusto para chegar a Madrid, onde tamén temos presentación do poemario e degustación de mel Mel e Punto. Durmo no coche incontrolablemente.(continuará)
Aquí en castellano: http://maternario.blogspot.com.es/2016/06/ii-cronica-de-gatos-poesia-y-mujeres.html

31 de maio de 2016

Crónica: De gatos, poesía e mulleres marabillosas

O pasado venres 20 de maio saímos de viaxe. Dispuxémonos a percorrer os 1000 quilómetros que nos separan de Barcelona. O obxectivo: levar un gato ó seu novo fogar, pero non un gato calquera, senón a Boletus, unha institución, o veterano, case 11 anos desde que chegou con apenas un par de meses e máis fame que corpo. Aproveitando a nosa breve estancia na cidade, á miña querida "axente literaria" Anna ocorréuselle organizar unha presentación do poemario que acababamos de terminar Isabel Piñana e máis eu. As dúas escribimos sobre as nosas maternidades desde o corpo, as dúas conciliamos como podemos letras e nenos e non nos resignamos a ser ou isto ou aquilo. Porque hai máis maternidades que as que nos venderon. Levamos meses cos poemas listos buscando como dalos a coñecer. No meu caso, en Galicia, fálanme dunha demora de dous-tres anos desde que aceptan o teu orixinal ata que o publican. Dentro de tanto tempo non habitarei nestes poemas, estarei xa moi lonxe. A autoedición foise impoñendo pero a inversión era demasiado elevada. Moito risco. Así que puxemos as nosas mans á obra. Literalmente. Reunimos os nosos poemas, traducín ó castelán os meus, ó galego os de Isabel, contactamos cunha maquetadora profesional (grazas infinitas, Sara), que se encargou de preparalos para a impresión, que fixemos na casa, non sen dificultades. Pintamos as portadas. O meu fillo máis vello pintou portadas. E dobramos máis de 700 folios para montar os libros. Dobrou o pai das criaturas, dobrou a axente Anna, dobrou a súa nai e grampamos grazas á súa grampadora eléctrica que parecía que nos estaba esperando para estrearse.
Partimos esa mañá de calor e venres, digo, cos sete quilos do gato Boletus, os nenos, as mochilas, a comida, o contrato de adopción, as portadas pintadas dos poemarios e só catro copias impresas. Ía moita calor, daba pleno sol e nós co aire acondicionado estragado. Era imposible viaxar coas ventás pechadas. Era infernal o zunido do movemento na estrada. Eliximos o ruído. Acabamos abrindo o transportín ó gato, elevándoo entre os nosos asentos dianteiros para que lle chegase algo máis de aire. O pobre mesmo abafaba. Tardamos case dez horas, con breves paradas para repostar e pouco máis. Fomos directos a deixar a Boletus na súa nova casa, a coñecer ó seu adoptante e á súa nova compañeira felina. Non foi mal a presentación, o normal encontro entre dous gatos descoñecidos e, polo menos, a Boletus gustoulle o seu adoptante. Pasaban das once da noite cando saímos da súa casa cara á da miña "axente", onde durmiriamos. Tiven tempo de ler a medias a súa dirección no meu móbil. Rúa e número conseguín memorizar antes de que se me apagase. Cárgoo no coche, acende e pídeme o PIN. O PIN! Non sei o maldito PIN! Téñoo anotado na casa. Non recordo nin un número polo que intentalo. Ocórreseme entrar no face desde o móbil do tripai, pero esgotáransenos os datos e aquilo non cargaba de ningunha das maneiras. Estamos na rúa de Anna. Estamos cansados, suorentos, doridos de tanto coche. Os nenos protestan, teñen moito sono. Envíolle mensaxes telepáticos a Anna, "chama ó tripai, por favor, chama ó tripai". Pero a conexión non funciona e como nada acontece se non o buscamos, saio á rúa e comezo a andar arriba e abaixo. Había unhas semanas Anna enviárame unha foto das vistas desde a súa ventá. Esperaba recoñecer algún edificio. Nada por abaixo, volvo subir pola outra beirarrúa, buscando referencias, refrescando memoria, acordándome da foto enviada por unha parvada. Como se convertera en importante. E, xa abeirando a desesperación, véxoo, un edificio branco que me quere soar. Rápido vou ó portal en fronte. Busco un segundo pero este é segundo-primeira. O mesmo pasa no portal do lado. O terceiro si é só segundo e sen pensalo máis timbro. Si? E toda a miña esperanza nunhas cantas letras. Anna? E Anna ábreme e suspiro e escachámonos de risa. Por fin, pasadas as doce, cun neno e medio durmidos, entramos no noso aloxamento nocturno. Por fin, teño a Anna diante e non hai diferenza entre virtual e realidade porque é como se nos coñecesemos de toda a vida. Como se vivisemos porta con porta... (continuará)
Aquí en castellano: http://maternario.blogspot.com.es/2016/05/cronica-de-gatos-poesia-y-mujeres.html 

26 de maio de 2016

Os nosos poemarios autoeditados!

Consegue o teu: arainhadasformigas@gmail.com

¡Nuestros poemarios autoeditados!
Consigue el tuyo: arainhadasformigas@gmail.com

12 de abril de 2016

Poema en abril





Sacódeseme o corpo
para que poidas desprenderte
como a froita madura
do soño sen enxiva
entraña pequeniña do meu sangue
o punto que latexaba
millonésimas carnes de universo
síntote aquí na miña tripa
compasada sopro que respiro
imaxino o teu alento nos meus rumores
e acaba aquí a miña vida contida
-entraña contráctil-
estala un fío de torrente entre as miñas pernas
sentía a túa vida saíndo pola miña
forcexado o útero
agora camiño vello do desexo
rompeu o fío das fillas das fillas

Se me sacude el cuerpo
para que puedas desprenderte
como la fruta madura
del sueño sin encía
entraña pequeñita de mi sangre
el punto que latía
millonésimas carnes de universo
te siento aquí en mi tripa
acompasada soplo que respiro
imagino tu aliento en mis rumores
y acaba aquí mi vida contenida
-entraña contráctil-
estalla un hilo de torrente entre mis piernas
sentía tu vida saliendo de la mía
forcejeado el útero
ahora camino viejo del deseo
se ha roto el hilo de las hijas de las hijas

17 de marzo de 2016

Acompañamiento literario de la maternidad



                                               
Acompañamiento literario de la maternidad
El libro de tu embarazo, un recuerdo único
Te acompañamos durante tu gestación en un viaje a través de tus palabras, desde las letras, textos inspiradores y exclusivos y ejercicios pensados para potenciar toda tu creatividad.
Mes a mes, juntas, elaboramos el libro de tu embarazo, un recuerdo de vida maravilloso para ti y para tu bebé.
Desde tu casa, con toda comodidad, a tu ritmo, según tus necesidades y con la posibilidad de encuentros presenciales o vía skype.
Al final del proceso recibes el libro que has escrito, en papel o digital
Consúltanos condiciones y plazos
arainhadasformigas@gmail.com
692 031 463

Acompañamento literario da maternidade
O libro do teu embarazo, un recordo único
Acompañámoste durante a túa xestación nunha viaxe a través das túas palabras, desde as letras, textos inspiradores e exclusivos e exercicios pensados para potenciar toda a túa creatividade.
Mes a mes, xuntas, elaboramos o libro do teu embarazo, un recordo de vida marabilloso para ti e para o teu bebé.
Desde a túa casa, con toda comodidade, ó teu ritmo, segundo as túas necesidades e coa posibilidade de encontros presenciais ou vía skype.
Ó final do proceso recibes o libro que escribiches, en papel ou dixital
Consúltanos condicións e prazos
arainhadasformigas@gmail.com
692 031 463