"Ellas no vulvan: la detestan, se avergüenzan, no pueden ni mirarla. Ellas se hacen cirugía en los labios menores. Ellas se rasuran para ser como niñas. Ellas se perfuman para oler a limpio. Ellas nunca se la han querido ver. Ellas no saben cómo enseñarla."
As
miñas lecturas feministas non falaban de embarazos nin de partos. Non
me falaron de episiotomías nin me advertiron do patriarcado de bata
branca. As feministas que foron antes ca min deixaron a maternidade na
casa. As feministas que foron antes ca min pensan que merezo sufrir por
darlle fillos o patriarca. Os textos das miñas
autoras favoritas liberaban úteros e tetas, menstruaban, eran putas e
libres. Pero, onde o meu corpo materno, o branco do meu leite
inexplorado, o útero ocupado, a vulva mutilada?
Mis
lecturas feministas no hablaban de embarazos ni de partos. No me
hablaron de episiotomías ni me advirtieron del patriarcado de bata
blanca. Las feministas que fueron antes que yo dejaron la maternidad en
casa. Las feministas que fueron antes que yo piensan que merezco sufrir
por darle hijos al patriarca. Los textos de mis autoras favoritas
liberaban úteros y tetas, menstruaban, eran putas y libres. Pero, ¿dónde
mi cuerpo materno, el blanco de mi leche inexplorada, el útero ocupado,
la vulva mutilada?
Prometedor
título de Elvira Fente, Parir a liberdade, onde fai un percorrido polo
movemento feminista en Galicia. Como un dos eixes temáticos da loita
sinala a liberdade sexual: "Sexualidade non é maternidade.
Anticonceptivos libres e gratuítos". Pero maternidade si é sexualidade.
Sexualidade non é reprodución...
Prometedor título de Elvira
Fente, Parir a liberdade, donde hace un recorrido por el movimiento
feminista en Galicia. Como uno de los ejes temáticos de la lucha señala
la libertad sexual: "Sexualidad no es maternidad. Anticonceptivos libres
y gratuitos". Pero maternidad sí es sexualidad. Sexualidad no es
reproducción...
Leite e patriarcado O meu pai ten dúas irmás: unha do seu mesmo pai e nai e outra simplemente de leite.
Cando a miña avoa Carmen estaba acabada de parir, unha muller da
parroquia veulle pedir por caridade que aleitase á súa filla porque ela
estaba seca. Sen teta, a nena morrería nos seus primeiros días, cousa
nada extraordinaria nun ano de fame coma o 41. "Tráema logo" e, despois
de mamar o meu pai, a nena zugaba o que
aínda quedaba. O seu marido non estaba en absoluto de acordo coa
decisión dela, "pobriña de ti como lle falte leite ao meu fillo",
advertíralle. A xenerosa Carmen, sempre tan sumisa ao seu home, neste
caso mantívose firme na súa decisión e, gracias á optimización do seu
valioso e nutritivo leite saíron adiante dúas criaturas: meu pai con
certa vantaxe, como é natural, e a súa compañeira de leite que
aproveitou ata a última gota.
Morgue, en adopción en Patas Arriba (foto de I.G.A.)
CONTROL DA NATALIDADE extírpanme ovarios útero enteiro corpo e cornos uterinos trompas de falopio a través do meu abdome dubido do meu celo da miña xestación tanto tumor mamario e tanto sangue NINGUNHA CADELA NECESITA TER CRÍAS PARA SENTIRSE PSICOLOXICAMENTE REALIZADA a operación non fai que engorde esta cultura ovariohisterectomízame
CONTROL DE LA NATALIDAD me extirpan ovarios útero entero cuerpo y cuernos uterinos trompas de falopio a través de mi abdomen dudo de mi celo de mi gestación tanto tumor mamario y tanta sangre NINGUNA PERRA NECESITA TENER CRÍAS PARA SENTIRSE PSICOLÓGICAMENTE REALIZADA la operación no hace que engorde esta cultura me ovariohisterectomiza