Amosando publicacións coa etiqueta relato. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta relato. Amosar todas as publicacións

29 de xaneiro de 2016

Tatuadores

(fragmento)
“Habereinos matar” dixeches. A serea abriu un ollo. Nós saímos, ás alancadas, daquel embarcadoiro dunha cidade no interior dos Estados Unidos onde nunca xamais puxemos pé. Continuamos a viaxe atendendo unicamente ás paradas prometidas polo sangue. O cheiro a terra seca recén mollada pola chuvia, chuvia de minúsculos fragmentos dos cadáveres da herba que nos salpicaban camiño á facultade. Eu a sorrir, por derradeira vez despreocupada. O teu alento, bafo naquel cristal, prometía unha desgraza. Os teus contornos semelláronme ós de calquera muller pero sentín a pegada da morte. Ollos daquel paxaro que expirou na miña man. Así eras ti. Cheirabas a morte. Cando espertei, tendín a man ó meu carón, buscando o peso da túa respiración. Pero non estabas no leito tremendamente baleiro. Non estaba a túa roupa, o teu recordo, a túa bolsa de viaxe, as túas pegadas. Lizzie ti nunca existiras.

“Los mataré” dijiste. La sirena abrió un ojo. Nosotras salimos, a zancadas, de aquel embarcadero de una ciudad en el interior de los Estados Unidos donde nunca jamás pusimos pie. Continuamos el viaje atendiendo únicamente a las paradas prometidas por la sangre. El olor a tierra seca recién mojada por la lluvia, lluvia de minúsculos fragmentos de los cadáveres de la hierba que nos salpicaban camino a la facultad. Yo sonriendo, por última vez despreocupada. Tu aliento, vaho en aquel cristal, prometía una desgracia. Tus contornos se me parecieron a los de cualquier mujer pero sentí la huella de la muerte. Ojos de aquel pájaro que expiró en mi mano. Así eras tú. Olías a muerte. Cuando desperté, tendí la mano a mi lado, buscando el peso de tu respiración. Pero no estabas en el lecho tremendamente vacío. No estaba tu ropa, tu recuerdo, tu bolsa de viaje, tus huellas. Lizzie tú nunca exististe.