Amosando publicacións coa etiqueta corpo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta corpo. Amosar todas as publicacións

5 de decembro de 2016

Din do noso poemario





Hoxe na Voz, agradecida a Ramón Nicolás polas súas palabras sobre Nin pombas nin flores. Recordade que podedes conseguir o libro escribindo ó mail arainhadasformigas@gmail.com. E, se xa o tes, mándanos a túa lectura. Grazas!

Dicen de nuestro poemario...
Hoy en La Voz, agradecida a Ramón Nicolás por sus palabras sobre Nin pombas nin flores. Recordad que podéis conseguir el libro escribiendo al mail arainhadasformigas@gmail.com. Y, si ya lo tienes, mándanos tu lectura. ¡Gracias!

Poemarios


Quedan aínda uns poucos poemarios desta primeira autoedición, Nin pombas nin flores e Mater lux, de Besteiros e Piñana. Aínda non tes o teu? Escríbenos: arainhadasformigas@gmail.com
A foto é da presentación no aniversario de GEA, o centro da psicóloga Jesica Rodríguez en Vilagarcía.

Poemarios
Quedan aún unos pocos poemarios de esta primera autoedición. Ni palomas ni flores y Mater lux, de Besteiros y Piñana. ¿Aún no tienes el tuyo? Escríbenos: arainhadasformigas@gmail.com
La foto es de la presentación en el aniversario de GEA, el centro de la psicóloga Jesica Rodríguez en Vilagarcía.


26 de maio de 2016

Os nosos poemarios autoeditados!

Consegue o teu: arainhadasformigas@gmail.com

¡Nuestros poemarios autoeditados!
Consigue el tuyo: arainhadasformigas@gmail.com

12 de abril de 2016

Poema en abril





Sacódeseme o corpo
para que poidas desprenderte
como a froita madura
do soño sen enxiva
entraña pequeniña do meu sangue
o punto que latexaba
millonésimas carnes de universo
síntote aquí na miña tripa
compasada sopro que respiro
imaxino o teu alento nos meus rumores
e acaba aquí a miña vida contida
-entraña contráctil-
estala un fío de torrente entre as miñas pernas
sentía a túa vida saíndo pola miña
forcexado o útero
agora camiño vello do desexo
rompeu o fío das fillas das fillas

Se me sacude el cuerpo
para que puedas desprenderte
como la fruta madura
del sueño sin encía
entraña pequeñita de mi sangre
el punto que latía
millonésimas carnes de universo
te siento aquí en mi tripa
acompasada soplo que respiro
imagino tu aliento en mis rumores
y acaba aquí mi vida contenida
-entraña contráctil-
estalla un hilo de torrente entre mis piernas
sentía tu vida saliendo de la mía
forcejeado el útero
ahora camino viejo del deseo
se ha roto el hilo de las hijas de las hijas

17 de marzo de 2016

Acompañamiento literario de la maternidad



                                               
Acompañamiento literario de la maternidad
El libro de tu embarazo, un recuerdo único
Te acompañamos durante tu gestación en un viaje a través de tus palabras, desde las letras, textos inspiradores y exclusivos y ejercicios pensados para potenciar toda tu creatividad.
Mes a mes, juntas, elaboramos el libro de tu embarazo, un recuerdo de vida maravilloso para ti y para tu bebé.
Desde tu casa, con toda comodidad, a tu ritmo, según tus necesidades y con la posibilidad de encuentros presenciales o vía skype.
Al final del proceso recibes el libro que has escrito, en papel o digital
Consúltanos condiciones y plazos
arainhadasformigas@gmail.com
692 031 463

Acompañamento literario da maternidade
O libro do teu embarazo, un recordo único
Acompañámoste durante a túa xestación nunha viaxe a través das túas palabras, desde as letras, textos inspiradores e exclusivos e exercicios pensados para potenciar toda a túa creatividade.
Mes a mes, xuntas, elaboramos o libro do teu embarazo, un recordo de vida marabilloso para ti e para o teu bebé.
Desde a túa casa, con toda comodidade, ó teu ritmo, segundo as túas necesidades e coa posibilidade de encontros presenciais ou vía skype.
Ó final do proceso recibes o libro que escribiches, en papel ou dixital
Consúltanos condicións e prazos
arainhadasformigas@gmail.com
692 031 463

14 de marzo de 2016

Aniversario

Aniversario
cifran a miña humanidade
e son espanto de gadoupas estendidas
gustaríame quedar
naquel verán de erosión
contra os meus ollos
cansados pola cinza presentida
o teu camiño
chegábame como cheiro de axóuxeres
saliva tenra a interpretar meus peitos
fóra do mundo
eramos arma letal
así
nosoutras
as dúas
espidas

Aniversario
cifran mi humanidad
y soy espanto de garras extendidas
me gustaría quedarme
en aquel verano de erosión
contra mis ojos
cansados por la ceniza presentida
tu camino
me llegaba como olor de sonajeros
saliva tierna interpretando mis pechos
fuera del mundo
éramos arma letal
así
nosotras
las dos
desnudas

Imaxe: Frida Kahlo, "Dos desnudos en un bosque (La tierra misma)"


30 de xaneiro de 2016

Parir III

III
Vou parir en noite de vidreira vou parir o vento polo norte baténdome no peito vou parir viúva vou parir morte vou parir a miña propia pel erguida vou parir en pé vou parir raíces vou parir aquí vou parir de labios grandes e amorosos a boca enchida de versos por partir vou parirte o mundo porque podo quero e porque me dá a gana vou parir nacendo no que creo vou parir con unllas e con dentes vou parir casildas dianas lupes padres vou parir as algas os camiños os brazos estendidos vou parirte a ti despois de min vou parir orballos resplandores cánticos carballos azucena nos camiños saúdan castiñeiros carnes vou parir de cadelas e de gatas vou parir volcáns vou parir oxitocina arrepía a nosa pel inflamada de abismo vou parir nunha noite verde vou parir porque reclamo a liberdade pro meu corpo vou parir brava forte filha da morte vou parir sen permiso e sen perdón vou parir marías

III
Voy a parir en noche de vidriera voy a parir el viento por el norte latiéndome en el pecho voy a parir viuda voy a parir muerte voy a parir mi propia piel erguida voy a parir en pie voy a parir raíces voy a parir aquí voy a parir de labios grandes y amorosos la boca llena de versos por partir voy a parirte el mundo porque puedo quiero y porque me da la gana voy a parir naciendo en lo que creo voy a parir con uñas y con dientes voy a parir casildas dianas lupes padres voy a parir las algas los caminos los brazos extendidos voy a parirte a ti después de mí voy a parir rocíos resplandores cánticos robles azucena en los caminos saludan castaños carnes voy a parir de perras y de gatas voy a parir volcanes voy a parir oxitocina eriza nuestra piel inflamada de abismo voy a parir en una noche verde voy a parir porque reclamo a liberdade pro meu corpo voy a parir brava forte filha da morte voy a parir sin permiso y sin perdón voy a parir marías