Festivala
Aínda con retraso, deixo constancia do paso polo
Festivala, festival de mulleres creadoras, en Vilagarcía de Arousa, cos
poemarios autoeditados. Tivemos que facer máis para a ocasión.
Sorprendeume unha muller aleitando pechada no baño...
Pide aquí o poemario: arainhadasformigas@gmail.com
Festivala
Aún con retraso, dejo constancia del paso por el Festivala, festival de
mujeres creadoras, en Vilagarcía de Arousa, con los poemarios
autoeditados. Tuvimos que hacer más para la ocasión. Me sorprendió una
mujer amamantando cerrada en el baño...
Pide aquí el poemario: arainhadasformigas@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta poemario b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poemario b>. Amosar todas as publicacións
12 de decembro de 2016
Festivala
Etiquetas:
autoedición,
corpo materno,
cuerpo materno,
Festivala,
maternidad,
maternidade,
poemario
5 de decembro de 2016
Din do noso poemario
Hoxe na Voz, agradecida a Ramón Nicolás polas súas palabras sobre Nin pombas nin flores. Recordade que podedes conseguir o libro escribindo ó mail arainhadasformigas@gmail.com. E, se xa o tes, mándanos a túa lectura. Grazas!
Dicen de nuestro poemario...
Hoy en La Voz, agradecida a Ramón Nicolás por sus palabras sobre Nin pombas nin flores. Recordad que podéis conseguir el libro escribiendo al mail arainhadasformigas@gmail.com. Y, si ya lo tienes, mándanos tu lectura. ¡Gracias!
Hoy en La Voz, agradecida a Ramón Nicolás por sus palabras sobre Nin pombas nin flores. Recordad que podéis conseguir el libro escribiendo al mail arainhadasformigas@gmail.com. Y, si ya lo tienes, mándanos tu lectura. ¡Gracias!
Etiquetas:
autoedición,
corpo,
Cuerpo,
maternidad,
maternidade,
poemario,
poesía,
prensa,
Ramón Nicolás,
recensión
Poemarios
A foto é da presentación no aniversario de GEA, o centro da psicóloga Jesica Rodríguez en Vilagarcía.
Poemarios
Quedan aún unos pocos poemarios de esta primera autoedición. Ni palomas ni flores y Mater lux, de Besteiros y Piñana. ¿Aún no tienes el tuyo? Escríbenos: arainhadasformigas@gmail.com
La foto es de la presentación en el aniversario de GEA, el centro de la psicóloga Jesica Rodríguez en Vilagarcía.
Etiquetas:
autoedición,
corpo,
Cuerpo,
maternidad,
maternidade,
poemario,
poesía
4 de xuño de 2016
Din do noso poemario...
Marisol Vera Guerra, a nosa querida e admirada poeta e, tamén, editora en Ediciones Morgana, www.edicionesmorgana.com,
déixanos unhas emocionantes palabras sobre o noso poemario Nin pombas
nin flores / Mater Lux (se o queres, escríbenos), acompañadas dunha
potente ilustración:
Este libro es un útero, un refugio, una casa. Dos voces aúllan en tesituras rojas contándonos a los lectores cómo es "adentro", lo que allí ha pasado, las mutilaciones, las danzas, los besos. "Voy a parir desnuda de cadenas", dice Besteiros, "Voy a parir sin permiso y sin perdón"; completa desde su dimensión Piñana: "Aquí, donde ya no me dejan entrar, / está el lugar más sa(n)grado de mi carne". La primera en imágenes que cabalgan, desbocadas, sin espacio para el sosiego, con versos que se niegan a ser domesticados; la otra, con caminos horadados en el cuerpo, donde cada palabra es delicada espina que sostiene la esperanza.
Todas las mujeres en realidad sabemos de lo que estas dos poetas hablan, las que hemos parido y las que no, las que nunca parirán también, porque venimos del prístino huevo, cubierta la memoria de cortezas y unidas por la misma raíz. La poesía es el cordón umbilical que alimenta estas páginas. Este libro es un vientre y tú te hallarás dentro de él como en el primer día en que la luz alcanzó tus ojos.
Este libro es un útero, un refugio, una casa. Dos voces aúllan en tesituras rojas contándonos a los lectores cómo es "adentro", lo que allí ha pasado, las mutilaciones, las danzas, los besos. "Voy a parir desnuda de cadenas", dice Besteiros, "Voy a parir sin permiso y sin perdón"; completa desde su dimensión Piñana: "Aquí, donde ya no me dejan entrar, / está el lugar más sa(n)grado de mi carne". La primera en imágenes que cabalgan, desbocadas, sin espacio para el sosiego, con versos que se niegan a ser domesticados; la otra, con caminos horadados en el cuerpo, donde cada palabra es delicada espina que sostiene la esperanza.
Todas las mujeres en realidad sabemos de lo que estas dos poetas hablan, las que hemos parido y las que no, las que nunca parirán también, porque venimos del prístino huevo, cubierta la memoria de cortezas y unidas por la misma raíz. La poesía es el cordón umbilical que alimenta estas páginas. Este libro es un vientre y tú te hallarás dentro de él como en el primer día en que la luz alcanzó tus ojos.
Infinitas gracias, amiga.
Etiquetas:
autoedición,
Isabel Piñana,
literatura,
María Besteiros,
Marisol Vera Guerra,
poemario,
poesía,
recensión
3 de xuño de 2016
(III e última) Crónica: De gatos, poesía e mulleres marabillosas
Chegamos. Como en todo este periplo
estamos tendo relativa sorte co aparcamento e o tempo. Madrid, como Barcelona,
recíbenos con sol pero sen unha calor excesiva. De novo un parque, outra vez
nenos soltos movéndose sen parar, comendo area. E as miñas amigas chegan e
explícolles o proxecto, móstrolles os libros e gústanlles. Varias nenas elixen o
seu exemplar e sinto que o círculo, dalgunha maneira, se pecha. Que escribo
para elas, para as súas maternidades diferentes, únicas, súas. E teño publicado
convencionalmente pero facer o libro enteiro coas miñas propias mans é como
maxia e, tamén dalgunha maneira, chega ás lectoras, cada unha identificada cunha
portada que escollen, porque unha quere bruxas e outra flores e todo está alí
pintado por e para elas. E encantoume autoeditar na casa, a man, tolas, e quero
seguir facéndoo aínda que custe traballo imprimir e leve moitas horas pintar e
non sexa eu precisamente Picasso. Grazas por vir Silvia, un pracer inmenso
coñecerte. Grazas cueva, Cheli, Bibiana, Pilar, Anaís, Patricia, Inés... e
familias. Grazas Chus (e a túa ludoteca!), Vanesa, grazas a todas por vir. De
novo o tempo voou e era hora de regresar por fin a casa. De novo ceamos no
coche. De novo durmo, o fútbol na radio, a noite caíndo, facemos quilómetros
para os 2000. Só en tres días. Volvemos xa sen calor nin aire que importe. Sen
ruído de estrada atronando ventás. Volvemos sen gato, con esperanza, a súa nova
vida acabada de abrirse con 11 anos felinos. O contrato de adopción firmado. Volvemos
con libros feitos e sen libros que quedaron xa con outras vidas. Volvemos con
fame da nosa cama, a nosa casa, a nosa vida sen edificios nin asfalto nin
coches. Fame de verde, árbore, terra, cans, gatos, canto dos paxaros, traxectos
de lesmas, ensalada da horta, silencio na noite só cortado pola luz do patio
do veciño. Volvemos de nenos durmidos, unha e media da madrugada. Volvo cargada
de fe. Volvo para seguir crendo na loucura.
Etiquetas:
autoedición,
corpo materno,
Isabel Piñana,
literatura,
María Besteiros,
maternidade,
poemario,
poesía,
presentación
31 de maio de 2016
Crónica: De gatos, poesía e mulleres marabillosas
O pasado venres 20 de maio saímos de
viaxe. Dispuxémonos a percorrer os 1000 quilómetros que nos separan de Barcelona.
O obxectivo: levar un gato ó seu novo fogar, pero non un gato calquera, senón a
Boletus, unha institución, o veterano, case 11 anos desde que chegou con apenas
un par de meses e máis fame que corpo. Aproveitando a nosa breve estancia na cidade,
á miña querida "axente literaria" Anna ocorréuselle organizar unha
presentación do poemario que acababamos de terminar Isabel Piñana e máis eu. As
dúas escribimos sobre as nosas maternidades desde o corpo, as dúas conciliamos
como podemos letras e nenos e non nos resignamos a ser ou isto ou aquilo.
Porque hai máis maternidades que as que nos venderon. Levamos meses cos poemas
listos buscando como dalos a coñecer. No meu caso, en Galicia, fálanme dunha
demora de dous-tres anos desde que aceptan o teu orixinal ata que o publican.
Dentro de tanto tempo non habitarei nestes poemas, estarei xa moi lonxe. A
autoedición foise impoñendo pero a inversión era demasiado elevada. Moito risco.
Así que puxemos as nosas mans á obra. Literalmente. Reunimos os nosos poemas, traducín
ó castelán os meus, ó galego os de Isabel, contactamos cunha maquetadora
profesional (grazas infinitas, Sara), que se encargou de preparalos para a
impresión, que fixemos na casa, non sen dificultades. Pintamos as portadas. O
meu fillo máis vello pintou portadas. E dobramos máis de 700 folios para montar
os libros. Dobrou o pai das criaturas, dobrou a axente Anna, dobrou a súa nai e
grampamos grazas á súa grampadora eléctrica que parecía que nos estaba
esperando para estrearse.
Partimos esa mañá de calor e venres,
digo, cos sete quilos do gato Boletus, os nenos, as mochilas, a comida, o
contrato de adopción, as portadas pintadas dos poemarios e só catro copias
impresas. Ía moita calor, daba pleno sol e nós co aire acondicionado estragado.
Era imposible viaxar coas ventás pechadas. Era infernal o zunido do movemento na
estrada. Eliximos o ruído. Acabamos abrindo o transportín ó gato, elevándoo
entre os nosos asentos dianteiros para que lle chegase algo máis de aire. O
pobre mesmo abafaba. Tardamos case dez horas, con breves paradas para repostar
e pouco máis. Fomos directos a deixar a Boletus na súa nova casa, a coñecer ó seu
adoptante e á súa nova compañeira felina. Non foi mal a presentación, o normal encontro
entre dous gatos descoñecidos e, polo menos, a Boletus gustoulle o seu
adoptante. Pasaban das once da noite cando saímos da súa casa cara á da miña
"axente", onde durmiriamos. Tiven tempo de ler a medias a súa
dirección no meu móbil. Rúa e número conseguín memorizar antes de que se me
apagase. Cárgoo no coche, acende e pídeme o PIN. O PIN! Non sei o maldito PIN!
Téñoo anotado na casa. Non recordo nin un número polo que intentalo. Ocórreseme
entrar no face desde o móbil do tripai, pero esgotáransenos os datos e aquilo
non cargaba de ningunha das maneiras. Estamos na rúa de Anna. Estamos cansados,
suorentos, doridos de tanto coche. Os nenos protestan, teñen moito sono. Envíolle
mensaxes telepáticos a Anna, "chama ó tripai, por favor, chama ó tripai".
Pero a conexión non funciona e como nada acontece se non o buscamos, saio á rúa
e comezo a andar arriba e abaixo. Había unhas semanas Anna enviárame unha foto
das vistas desde a súa ventá. Esperaba recoñecer algún edificio. Nada por
abaixo, volvo subir pola outra beirarrúa, buscando referencias, refrescando
memoria, acordándome da foto enviada por unha parvada. Como se convertera en
importante. E, xa abeirando a desesperación, véxoo, un edificio branco que me
quere soar. Rápido vou ó portal en fronte. Busco un segundo pero este é segundo-primeira.
O mesmo pasa no portal do lado. O terceiro si é só segundo e sen pensalo máis
timbro. Si? E toda a miña esperanza nunhas cantas letras. Anna? E Anna ábreme e
suspiro e escachámonos de risa. Por fin, pasadas as doce, cun neno e medio
durmidos, entramos no noso aloxamento nocturno. Por fin, teño a Anna diante e
non hai diferenza entre virtual e realidade porque é como se nos coñecesemos de
toda a vida. Como se vivisemos porta con porta... (continuará)
Aquí en castellano: http://maternario.blogspot.com.es/2016/05/cronica-de-gatos-poesia-y-mujeres.html
Etiquetas:
autoedición,
conciliación,
corpo materno,
literatura,
maternidad,
maternidades,
poemario,
poesía,
presentación
26 de maio de 2016
Os nosos poemarios autoeditados!
Consegue o teu: arainhadasformigas@gmail.com
¡Nuestros poemarios autoeditados!
Consigue el tuyo: arainhadasformigas@gmail.com
¡Nuestros poemarios autoeditados!
Consigue el tuyo: arainhadasformigas@gmail.com
Etiquetas:
autoedición,
conciliar,
corpo,
Cuerpo,
Isabel Piñana,
María Besteiros,
maternidad,
maternidade,
muller,
poemario,
poesía
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







