Amosando publicacións coa etiqueta útero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta útero. Amosar todas as publicacións

12 de abril de 2016

Poema en abril





Sacódeseme o corpo
para que poidas desprenderte
como a froita madura
do soño sen enxiva
entraña pequeniña do meu sangue
o punto que latexaba
millonésimas carnes de universo
síntote aquí na miña tripa
compasada sopro que respiro
imaxino o teu alento nos meus rumores
e acaba aquí a miña vida contida
-entraña contráctil-
estala un fío de torrente entre as miñas pernas
sentía a túa vida saíndo pola miña
forcexado o útero
agora camiño vello do desexo
rompeu o fío das fillas das fillas

Se me sacude el cuerpo
para que puedas desprenderte
como la fruta madura
del sueño sin encía
entraña pequeñita de mi sangre
el punto que latía
millonésimas carnes de universo
te siento aquí en mi tripa
acompasada soplo que respiro
imagino tu aliento en mis rumores
y acaba aquí mi vida contenida
-entraña contráctil-
estalla un hilo de torrente entre mis piernas
sentía tu vida saliendo de la mía
forcejeado el útero
ahora camino viejo del deseo
se ha roto el hilo de las hijas de las hijas

30 de xaneiro de 2016

Parir II

II
Vou parir ben lonxe da túa asepsia Vou parir sucia de min mesma cheiro de morte e vida nos meus fluídos sangue sexo seme tormenta de placentas todo un útero Vou parir as túas mans e as miñas berrando miñas irmás e as súas candeas Vou parir parirme parirnos e parirte Vou parir de ollos ben abertos Vou parir maldita porque podo Vou parir de pé sentada a patas Vou parir á marxe dos teus medos Vou parir ata a primeira célula que grita que podemos Vou parir porque ninguén vai facelo por min Vou parir espida de cadeas Vou parir de entrañas corpo terras a esperanza latexo voces ceibes Vou parir valente sen fronteiras Vou parir de mar embravecido de mans mariñeiras labregas campesiñas de mans que arden silencios de nenas clandestinas parir mascando terra

II
Voy a parir bien lejos de tu asepsia Voy a parir sucia de mí misma olor de muerte y vida en mis fluidos sangre sexo semen tormenta de placentas todo un útero Voy a parir tus manos y las mías gritando mis hermanas y sus velas Voy a parir parirme parirnos y parirte Voy a parir de ojos bien abiertos Voy a parir maldita porque puedo Voy a parir de pie sentada a patas Voy a parir al margen de tus miedos Voy a parir hasta la primera célula que grita que podemos Voy a parir porque nadie va a hacerlo por mí Voy a parir desnuda de cadenas Voy a parir de entrañas cuerpo tierras la esperanza latido voces libres Voy a parir valiente sin fronteras Voy a parir de mar embravecido de manos marineras labradoras campesinas de manos que arden silencios de niñas clandestinas parir mascando tierra

Parir

I
Vou parir como a deusa que son que me merezo Vou parir ás apalpadas a escuras nacer a luz do día entre as pernas Vou parir pola miña vaxina aberta respectada Vou parir polas que non puidemos polas rajadas as violadas as humilladas as invisibles as bruxas queimadas as que fomos número estatística de absurda historia clínica polas que non soubemos as mazadas as que caímos a golpes do camiño as de peitos feridos ausencias do leite e da vida as do útero vencido as que non nos rendimos as das cicatrices no nome da nai

I
Voy a parir como la diosa que soy que me merezco Voy a parir a tientas a oscuras nacer la luz del día entre las piernas Voy a parir por mi vagina abierta respetada Voy a parir por las que no pudimos por las rajadas las violadas las humilladas las invisibles las brujas quemadas las que fuimos número estadística de absurda historia clínica por las que no supimos las magulladas las que caímos a golpes del camino las de pechos heridos ausencias de la leche y de la vida las del útero vencido las que no nos rendimos las de las cicatrices en el nombre de la madre

Maternidade e literatura

As miñas lecturas feministas non falaban de embarazos nin de partos. Non me falaron de episiotomías nin me advertiron do patriarcado de bata branca. As feministas que foron antes ca min deixaron a maternidade na casa. As feministas que foron antes ca min pensan que merezo sufrir por darlle fillos o patriarca. Os textos das miñas autoras favoritas liberaban úteros e tetas, menstruaban, eran putas e libres. Pero, onde o meu corpo materno, o branco do meu leite inexplorado, o útero ocupado, a vulva mutilada?

Mis lecturas feministas no hablaban de embarazos ni de partos. No me hablaron de episiotomías ni me advirtieron del patriarcado de bata blanca. Las feministas que fueron antes que yo dejaron la maternidad en casa. Las feministas que fueron antes que yo piensan que merezco sufrir por darle hijos al patriarca. Los textos de mis autoras favoritas liberaban úteros y tetas, menstruaban, eran putas y libres. Pero, ¿dónde mi cuerpo materno, el blanco de mi leche inexplorada, el útero ocupado, la vulva mutilada?

Cinzas

cinzas
cando o corpo é labazada
pecho os ollos de sombras
e frío de fogueira
que doe o aire
pegada triste que pinga os sangues
de úteros vencidos que estoupan de entre os lumes
raíces baixo a pel queimadas de sinistras
osíxeno que acaba e xa non berro
arrincar salvaxemente as costuras deste corpo cos meus dentes
vivir morrer cos ollos abertos

cenizas
cuando el cuerpo es bofetada
cierro los ojos de sombras
y frío de hoguera
que duele el aire
huella triste que gotea las sangres
de úteros vencidos que explotan de entre los fuegos
raíces bajo la piel quemadas de siniestras
oxígeno que acaba y ya no grito
arrancar salvajemente las costuras de este cuerpo con mis dientes
vivir morir con los ojos abiertos

29 de xaneiro de 2016

A Pornografía de Lupe Gómez


A Pornografía de Lupe Gómez xa é un clásico que vai pola terceira edición desde a súa autoedición en 1995.

INDEPENDENCIA
Esmagarei a matriz que
me envolve para volver
amar e sentir o meu útero
libre e aberto. Fareino con
amor, con poesía, con présa.



La Pornografía de Lupe Gómez ya es un clásico que va por la tercera edición desde su autoedición en 1995.

INDEPENDENCIA
Aplastaré la matriz que
me envuelve para volver
a amar y sentir mi útero
libre y abierto. Lo haré con
amor, con poesía, con prisa.

18 de xuño de 2015

Control da natalidade

Morgue, en adopción en Patas Arriba (foto de I.G.A.)
CONTROL DA NATALIDADE
extírpanme ovarios
útero enteiro
corpo e cornos uterinos
trompas de falopio
a través do meu abdome
dubido do meu celo da miña xestación
tanto tumor mamario e tanto sangue
NINGUNHA CADELA NECESITA TER CRÍAS
PARA SENTIRSE PSICOLOXICAMENTE REALIZADA
a operación non fai que engorde
esta cultura ovariohisterectomízame

CONTROL DE LA NATALIDAD
me extirpan ovarios
útero entero
cuerpo y cuernos uterinos
trompas de falopio
a través de mi abdomen
dudo de mi celo de mi gestación
tanto tumor mamario y tanta sangre
NINGUNA PERRA NECESITA TENER CRÍAS
PARA SENTIRSE PSICOLÓGICAMENTE REALIZADA
la operación no hace que engorde
esta cultura me ovariohisterectomiza