Amosando publicacións coa etiqueta leite. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta leite. Amosar todas as publicacións

30 de xaneiro de 2016

Maternario

Palabras houbo tamén o día do teu nacemento. Palabras grises de descoñecidos que te manipulaban. Eu estaba atada, aberta, fendida, coa entraña exposta naquel universo de palabras incomprensibles que espanto como moscas se non tivese as mans atadas en cruz. Crucificada. Pagamos en carne os vosos pecados. A miña nena non tiña que nacer así. Son unha mamá feita farrapos. Quero morrer, estou morta e sorrío ben grande ás visitas porque o que importa é que estamos ben, que estás preciosa, sa e que comes e dormes e que guapa estás co xersei tecido pola tía da tía do teu pai. Eu estou rota e sinto que a dor viaxa polas miñas veas e arterias, enche o meu peito e o leite que tragas é fel. Miña pequena. Acúsome culpable dos teus cólicos, a irritación do cueiro, o vento que revolve o teu cabelo.
O meu leite é pegamento, é palabra do corpo que se reivindica para gritarme que son mamífera, que mamo, que corro polos montes e sei ouvear á lúa, que demos, eu son a lúa, lúa de carne feita de anaquiños pegados de inquietudes. Empezo a sentirme enteira, a serme corpo que habitar e que me habites. Por primeira vez, a soas coa miña fenda. Percorro a cicatriz e choro, boto os medos fóra. Atrévome a berrar que son unha muller e que son unha nai.

Palabras hubo también el día de tu nacimiento. Palabras grises de desconocidos que te manipulaban. Yo estaba atada, abierta, hendida, con la entraña expuesta en aquel universo de palabras incomprensibles que espanto como moscas si no tuviese las manos atadas en cruz. Crucificada. Pagamos en carne vuestros pecados. Mi niña no tenía que nacer así. Soy una mamá hecha jirones. Quiero morir, estoy muerta y sonrío bien grande a las visitas porque lo que importa es que estamos bien, que estás preciosa, sana y que comes y duermes y que guapa estás con el jersey tejido por la tía de la tía de tu padre. Yo estoy rota y siento que el dolor viaja por mis venas y arterias, llena mi pecho y la leche que tragas es hiel. Mi pequeña. Me acuso culpable de tus cólicos, la irritación del pañal, el viento que revuelve tu cabello.
Mi leche es pegamento, es palabra del cuerpo que se reivindica para gritarme que soy mamífera, que mamo, que corro por los montes y sé aullar a la luna, qué demonios, yo soy la luna, luna de carne hecha de trocitos pegados de inquietudes. Empiezo a sentirme entera, a serme cuerpo que habitar y que me habites. Por primera vez, a solas con mi grieta. Recorro la cicatriz y lloro, echo los miedos fuera. Me atrevo a gritar que soy una mujer y que soy una madre.

Parir

I
Vou parir como a deusa que son que me merezo Vou parir ás apalpadas a escuras nacer a luz do día entre as pernas Vou parir pola miña vaxina aberta respectada Vou parir polas que non puidemos polas rajadas as violadas as humilladas as invisibles as bruxas queimadas as que fomos número estatística de absurda historia clínica polas que non soubemos as mazadas as que caímos a golpes do camiño as de peitos feridos ausencias do leite e da vida as do útero vencido as que non nos rendimos as das cicatrices no nome da nai

I
Voy a parir como la diosa que soy que me merezco Voy a parir a tientas a oscuras nacer la luz del día entre las piernas Voy a parir por mi vagina abierta respetada Voy a parir por las que no pudimos por las rajadas las violadas las humilladas las invisibles las brujas quemadas las que fuimos número estadística de absurda historia clínica por las que no supimos las magulladas las que caímos a golpes del camino las de pechos heridos ausencias de la leche y de la vida las del útero vencido las que no nos rendimos las de las cicatrices en el nombre de la madre

Maternidade e literatura

As miñas lecturas feministas non falaban de embarazos nin de partos. Non me falaron de episiotomías nin me advertiron do patriarcado de bata branca. As feministas que foron antes ca min deixaron a maternidade na casa. As feministas que foron antes ca min pensan que merezo sufrir por darlle fillos o patriarca. Os textos das miñas autoras favoritas liberaban úteros e tetas, menstruaban, eran putas e libres. Pero, onde o meu corpo materno, o branco do meu leite inexplorado, o útero ocupado, a vulva mutilada?

Mis lecturas feministas no hablaban de embarazos ni de partos. No me hablaron de episiotomías ni me advirtieron del patriarcado de bata blanca. Las feministas que fueron antes que yo dejaron la maternidad en casa. Las feministas que fueron antes que yo piensan que merezco sufrir por darle hijos al patriarca. Los textos de mis autoras favoritas liberaban úteros y tetas, menstruaban, eran putas y libres. Pero, ¿dónde mi cuerpo materno, el blanco de mi leche inexplorada, el útero ocupado, la vulva mutilada?

29 de xaneiro de 2016

Poema lácteo

mi leche sexo
mi canibalismo
oxitocina que me asciende yo
a mí la ola que me ven
pulpa que me abre y flúyome suspiro
lactéome hasta la última gota
fagocítome
señores de la oms
flújome
mi sexo
no esclavo de tu pornografía

Leite e patriarcado






Leite e patriarcado
O meu pai ten dúas irmás: unha do seu mesmo pai e nai e outra simplemente de leite.
Cando a miña avoa Carmen estaba acabada de parir, unha muller da parroquia veulle pedir por caridade que aleitase á súa filla porque ela estaba seca. Sen teta, a nena morrería nos seus primeiros días, cousa nada extraordinaria nun ano de fame coma o 41. "Tráema logo" e, despois de mamar o meu pai, a nena zugaba o que aínda quedaba. O seu marido non estaba en absoluto de acordo coa decisión dela, "pobriña de ti como lle falte leite ao meu fillo", advertíralle. A xenerosa Carmen, sempre tan sumisa ao seu home, neste caso mantívose firme na súa decisión e, gracias á optimización do seu valioso e nutritivo leite saíron adiante dúas criaturas: meu pai con certa vantaxe, como é natural, e a súa compañeira de leite que aproveitou ata a última gota.


Extraído de http://nubosidadevariabel.blogspot.com.es/2006/08/leite-ou-patriarcado.html
A foto acompaña o texto no blog.