31 de maio de 2016

Crónica: De gatos, poesía e mulleres marabillosas

O pasado venres 20 de maio saímos de viaxe. Dispuxémonos a percorrer os 1000 quilómetros que nos separan de Barcelona. O obxectivo: levar un gato ó seu novo fogar, pero non un gato calquera, senón a Boletus, unha institución, o veterano, case 11 anos desde que chegou con apenas un par de meses e máis fame que corpo. Aproveitando a nosa breve estancia na cidade, á miña querida "axente literaria" Anna ocorréuselle organizar unha presentación do poemario que acababamos de terminar Isabel Piñana e máis eu. As dúas escribimos sobre as nosas maternidades desde o corpo, as dúas conciliamos como podemos letras e nenos e non nos resignamos a ser ou isto ou aquilo. Porque hai máis maternidades que as que nos venderon. Levamos meses cos poemas listos buscando como dalos a coñecer. No meu caso, en Galicia, fálanme dunha demora de dous-tres anos desde que aceptan o teu orixinal ata que o publican. Dentro de tanto tempo non habitarei nestes poemas, estarei xa moi lonxe. A autoedición foise impoñendo pero a inversión era demasiado elevada. Moito risco. Así que puxemos as nosas mans á obra. Literalmente. Reunimos os nosos poemas, traducín ó castelán os meus, ó galego os de Isabel, contactamos cunha maquetadora profesional (grazas infinitas, Sara), que se encargou de preparalos para a impresión, que fixemos na casa, non sen dificultades. Pintamos as portadas. O meu fillo máis vello pintou portadas. E dobramos máis de 700 folios para montar os libros. Dobrou o pai das criaturas, dobrou a axente Anna, dobrou a súa nai e grampamos grazas á súa grampadora eléctrica que parecía que nos estaba esperando para estrearse.
Partimos esa mañá de calor e venres, digo, cos sete quilos do gato Boletus, os nenos, as mochilas, a comida, o contrato de adopción, as portadas pintadas dos poemarios e só catro copias impresas. Ía moita calor, daba pleno sol e nós co aire acondicionado estragado. Era imposible viaxar coas ventás pechadas. Era infernal o zunido do movemento na estrada. Eliximos o ruído. Acabamos abrindo o transportín ó gato, elevándoo entre os nosos asentos dianteiros para que lle chegase algo máis de aire. O pobre mesmo abafaba. Tardamos case dez horas, con breves paradas para repostar e pouco máis. Fomos directos a deixar a Boletus na súa nova casa, a coñecer ó seu adoptante e á súa nova compañeira felina. Non foi mal a presentación, o normal encontro entre dous gatos descoñecidos e, polo menos, a Boletus gustoulle o seu adoptante. Pasaban das once da noite cando saímos da súa casa cara á da miña "axente", onde durmiriamos. Tiven tempo de ler a medias a súa dirección no meu móbil. Rúa e número conseguín memorizar antes de que se me apagase. Cárgoo no coche, acende e pídeme o PIN. O PIN! Non sei o maldito PIN! Téñoo anotado na casa. Non recordo nin un número polo que intentalo. Ocórreseme entrar no face desde o móbil do tripai, pero esgotáransenos os datos e aquilo non cargaba de ningunha das maneiras. Estamos na rúa de Anna. Estamos cansados, suorentos, doridos de tanto coche. Os nenos protestan, teñen moito sono. Envíolle mensaxes telepáticos a Anna, "chama ó tripai, por favor, chama ó tripai". Pero a conexión non funciona e como nada acontece se non o buscamos, saio á rúa e comezo a andar arriba e abaixo. Había unhas semanas Anna enviárame unha foto das vistas desde a súa ventá. Esperaba recoñecer algún edificio. Nada por abaixo, volvo subir pola outra beirarrúa, buscando referencias, refrescando memoria, acordándome da foto enviada por unha parvada. Como se convertera en importante. E, xa abeirando a desesperación, véxoo, un edificio branco que me quere soar. Rápido vou ó portal en fronte. Busco un segundo pero este é segundo-primeira. O mesmo pasa no portal do lado. O terceiro si é só segundo e sen pensalo máis timbro. Si? E toda a miña esperanza nunhas cantas letras. Anna? E Anna ábreme e suspiro e escachámonos de risa. Por fin, pasadas as doce, cun neno e medio durmidos, entramos no noso aloxamento nocturno. Por fin, teño a Anna diante e non hai diferenza entre virtual e realidade porque é como se nos coñecesemos de toda a vida. Como se vivisemos porta con porta... (continuará)
Aquí en castellano: http://maternario.blogspot.com.es/2016/05/cronica-de-gatos-poesia-y-mujeres.html 

26 de maio de 2016

Os nosos poemarios autoeditados!

Consegue o teu: arainhadasformigas@gmail.com

¡Nuestros poemarios autoeditados!
Consigue el tuyo: arainhadasformigas@gmail.com

12 de abril de 2016

Poema en abril





Sacódeseme o corpo
para que poidas desprenderte
como a froita madura
do soño sen enxiva
entraña pequeniña do meu sangue
o punto que latexaba
millonésimas carnes de universo
síntote aquí na miña tripa
compasada sopro que respiro
imaxino o teu alento nos meus rumores
e acaba aquí a miña vida contida
-entraña contráctil-
estala un fío de torrente entre as miñas pernas
sentía a túa vida saíndo pola miña
forcexado o útero
agora camiño vello do desexo
rompeu o fío das fillas das fillas

Se me sacude el cuerpo
para que puedas desprenderte
como la fruta madura
del sueño sin encía
entraña pequeñita de mi sangre
el punto que latía
millonésimas carnes de universo
te siento aquí en mi tripa
acompasada soplo que respiro
imagino tu aliento en mis rumores
y acaba aquí mi vida contenida
-entraña contráctil-
estalla un hilo de torrente entre mis piernas
sentía tu vida saliendo de la mía
forcejeado el útero
ahora camino viejo del deseo
se ha roto el hilo de las hijas de las hijas

17 de marzo de 2016

Acompañamiento literario de la maternidad



                                               
Acompañamiento literario de la maternidad
El libro de tu embarazo, un recuerdo único
Te acompañamos durante tu gestación en un viaje a través de tus palabras, desde las letras, textos inspiradores y exclusivos y ejercicios pensados para potenciar toda tu creatividad.
Mes a mes, juntas, elaboramos el libro de tu embarazo, un recuerdo de vida maravilloso para ti y para tu bebé.
Desde tu casa, con toda comodidad, a tu ritmo, según tus necesidades y con la posibilidad de encuentros presenciales o vía skype.
Al final del proceso recibes el libro que has escrito, en papel o digital
Consúltanos condiciones y plazos
arainhadasformigas@gmail.com
692 031 463

Acompañamento literario da maternidade
O libro do teu embarazo, un recordo único
Acompañámoste durante a túa xestación nunha viaxe a través das túas palabras, desde as letras, textos inspiradores e exclusivos e exercicios pensados para potenciar toda a túa creatividade.
Mes a mes, xuntas, elaboramos o libro do teu embarazo, un recordo de vida marabilloso para ti e para o teu bebé.
Desde a túa casa, con toda comodidade, ó teu ritmo, segundo as túas necesidades e coa posibilidade de encontros presenciais ou vía skype.
Ó final do proceso recibes o libro que escribiches, en papel ou dixital
Consúltanos condicións e prazos
arainhadasformigas@gmail.com
692 031 463

14 de marzo de 2016

Aniversario

Aniversario
cifran a miña humanidade
e son espanto de gadoupas estendidas
gustaríame quedar
naquel verán de erosión
contra os meus ollos
cansados pola cinza presentida
o teu camiño
chegábame como cheiro de axóuxeres
saliva tenra a interpretar meus peitos
fóra do mundo
eramos arma letal
así
nosoutras
as dúas
espidas

Aniversario
cifran mi humanidad
y soy espanto de garras extendidas
me gustaría quedarme
en aquel verano de erosión
contra mis ojos
cansados por la ceniza presentida
tu camino
me llegaba como olor de sonajeros
saliva tierna interpretando mis pechos
fuera del mundo
éramos arma letal
así
nosotras
las dos
desnudas

Imaxe: Frida Kahlo, "Dos desnudos en un bosque (La tierra misma)"


30 de xaneiro de 2016

Defensa da tese

A incrible defensa da tese "De Darío a Sofía (1996-2014): Representacións da maternidade en autoras galegas actuais"

Iamos xa mal de tempo. É o que ten saír da casa con dous nenos e un vaso de colacao que perde. E aínda vómitos por aspersión tremenda contra o coche, parada inescusable para mexar nunha cuneta. En fin, o que é a vida. E chegamos por fin, co tribunal agardando por min, o meu director xa na porta. Nada máis entro na sala, entre varias caras coñecidas, sorpréndeme a presenza de tres persoas... digamos maduras..., non, o seguinte, dúas mulleres e un home, dispostos a sentar nese mesmo momento. "Que raro esta xente para unha tese de maternidade", penso para min. E solemnemente ocupamos os nosos postos e a presidenta dá comezo á defensa explicando a orde do día, cando certo rebumbio do público interrompe o seu discurso. Como era de esperar, o sector xeriátrico tíñase confundido de sala. Non era á miña defensa á que viñan, non. Os tres comezan a descender cara á porta, o home diante, que se xira cara a min e pide perdón e non ve o chanzo ós seus pés e cae estampándose contra unha sorte de parede de madeira (que pinta iso aí?!). E alí quedan as súas 84 primaveras, no chan tiradas, a sangrar pola fronte fendida. E aínda máis incriblemente, como se dunha película americana se tratase, entre o público, algún sanitario na sala?, si, unha enfermeira, a miña matrona, que ó momento comeza a organizar a situación. Xeo, ambulancia, ordena, e tranquiliza ó home que para aquel entón xa é o señor José. E un outro home do público faise cargo da señora Aurora, a equivocada, a que viña ver a defensa da filla que non a miña. A terceira señora queda alí con nós, co José, esperando o traslado. E case menos mal que cambiei de tese, que a primeira se titulaba "A muller accidentada"... E agora a seria sala de defensas está convertida en hospital de campaña comunitario. A presidenta dobra o seu abrigo para poñelo baixo a cabeza do José mentres, co pano que nin se sabe quen emprestou, limpa o sangue da fronte. A matrona comproba a estabilidade da cadeira, mova a perna, baixe o pé, mentres a secretaria, sentada no chan, colle e non solta a man do home ferido. Unha muller do público sae á cafetería polo xeo, alguén chama ós servizos médicos do campus, que veñen pero non chega, hai que chamar á ambulancia. E quen recorda a defensa? Todo é xa relativo. E entra, apuradísima, que chegaba tarde, a miña amiga Ana, que vén de tan lonxe e ve un corpo no chan e pensa que son eu desmaiada. Probablemente esteamos ante a primeira tese do mundo con accidentado incluído. Cum laude non sei pero, e un Guiness? E penso que, a lotería non, pero como se me veñen as porcentaxes ínfimas enriba. O cabaleiro que fixera de chófer da Aurora volve para explicarnos a odisea de atopar en todo o campus o lugar da defensa de Aurora filla. Era en Dereito, un tema de urbanismo. "Nestes momentos Aurora filla está xa defendendo a súa tese coa presenza da súa nai", explica solemne. E, por fin, a ambulancia, persoal sanitario coa padiola de rodas e a de palas. En canto vexo esta última abandono o presente e agora estou no 3 de marzo, na miña casa, e evacúanme nesa padiola maldita, pequena e dura. Eses incompetentes. Acerto a dicir "non sei como puideron" e dígolle ó meu director "non sei como puiden". E el tampouco se explica como redactei a tese en tan pouco tempo... E teño que tragar saliva porque si, agora xa si, entramos e comezamos a defensa. Unha defensa xa normal, calquera tensión perdida ante o acontecido, sen baixas, agás algunha que outra formiga a correr polas mesas, A Raíña das Formigas. Non me estendo moito na miña intervención, confeso que non tiña claro que se esperaba que dixese. A seguir fala o tribunal, unha por un, aportacións valiosísimas que hei ter en conta para mellorar unha tese que parece que gustou, mais que foi polémica, que quizais non seguía o estilo esperado nun traballo académico. Falamos rápido, pensando no retraso de máis dunha hora que levabamos a conta do malferido señor José. Tras unha pausa de minutos, contesto con brevidade ás cuestións que considero máis relevantes das propostas polo tribunal. Fala o meu director xa que ningún doutor/a pregunta, na xa mermada audiencia da sala nesas horas de comer. É emocionante porque, máis de dez anos despois, por fin o conseguimos. E saímos uns minutos para que o tribunal poña nota, nota que comunica a presidenta ante os tres que daquela quedabamos, en pé. E a miña matrona, emocionada, regálame unha preciosa libreta para que siga escribindo. E facemos fotos e apertas e bicos e algunha bágoa. Para o cum laude segue o misterio ata o día 20 que nunha desas reunións destas cousas abran os sobres co voto secreto do tribunal. E, sen a secretaria que marchaba xa a outra defensa (froito do fordismo wertiano como ben definiu a presidenta), fomos comer os catro, e intercambiamos libros e ideas e propostas interesantes de futuro. Porque a tese non é máis que o punto de partida. Grazas ó tribunal, Helena, Beatriz e Martin. Grazas a Marta e Ana polo apoio presencial e grazas ás compañeiras pola forza virtual. E, sobre todo, grazas ó meu director, Burghard, por confiar no proxecto e organizar todo. Só tiven que preocuparme de escribir.
PD: descoñezo o estado actual do José, non parecía grave.

La increíble defensa de la tesis "De Darío a Sofía (1996-2014): Representacións da maternidade en autoras galegas actuais"

Íbamos ya mal de tiempo. Es lo que tiene salir de casa con dos niños y un vaso de colacao que pierde. Y encima vómitos por aspersión tremenda contra el coche, parada inexcusable para mear en una cuneta. En fin, lo que es la vida. Y llegamos por fin, con el tribunal esperándome, mi director ya en la puerta. Nada más entro en la sala, entre varias caras conocidas, me sorprende la presencia de tres personas... digamos maduras, no, lo siguiente, dos mujeres y un hombre, dispuestos a sentarse en ese mismo momento. "Qué raro esta gente para una tesis de maternidad", pienso para mí. Y solemnemente ocupamos nuestros puestos y la presidenta da comienzo a la defensa explicando el orden del día, cuando cierto alboroto del público interrumpe su discurso. Como era de esperar, el sector geriátrico se había confundido de sala. No era a mi defensa a la que venían, no. Los tres comienzan a descender hacia la puerta, el hombre delante, que se gira hacia mí y pide perdón y no ve el escalón a sus pies y cae estampándose contra una especie de pared de madera (¡¿qué pinta eso ahí?!). Y allí quedan sus 84 primaveras, en el suelo tiradas, sangrando por la frente herida. Y aún más increíblemente, como si de una película americana se tratase, entre el público, ¿algún sanitario en la sala?, sí, una enfermera, mi matrona, que al momento comienza a organizar la situación. Hielo, ambulancia, ordena, y tranquiliza al hombre que para aquel entonces ya es el señor José. Y un otro hombre del público se hace cargo de la señora Aurora, la equivocada, la que venía a ver la defensa de la hija que no la mía. La tercera señora se queda allí con nosotros, con José, esperando el traslado. Y casi menos mal que cambié de tesis, que la primera se titulaba "A muller accidentada"... Y ahora la seria sala de defensas está convertida en hospital de campaña comunitario. La presidenta dobla su abrigo para ponerlo bajo la cabeza de José mientras, con el pañuelo que ni se sabe quién prestó, limpia la sangre de la frente. La matrona comprueba la estabilidad de la cadera, mueva la pierna, baje el pie, mientras la secretaria, sentada en el suelo, coge y no suelta la mano del hombre herido. Una mujer del público sale a la cafetería por el hielo, alguien llama a los servicios médicos del campus, que vienen pero no llega, hay que llamar a la ambulancia. ¿Y quién recuerda la defensa? Todo es ya relativo. Y entra, apuradísima, que llegaba tarde, mi amiga Ana, que viene de tan lejos y ve un cuerpo en el suelo y piensa que soy yo desmayada. Probablemente estemos ante la primera tesis del mundo con accidentado incluido. Cum laude no sé pero, ¿y un Guiness? Y pienso que, la lotería no, pero como se me vienen los porcentajes ínfimos encima. El caballero que había hecho de chófer de Aurora madre vuelve para explicarnos la odisea de encontrar en todo el campus el lugar de la defensa de Aurora hija. Era en Derecho, un tema de urbanismo. "En estos momentos Aurora hija está ya defendiendo su tesis con la presencia de su madre", explica solemne. Y, por fin, la ambulancia, personal sanitario con la camilla de ruedas y la de palas. En cuanto veo esta última abandono el presente y ahora estoy en el 3 de marzo, en mi casa, y me evacúan en esa camilla maldita, pequeña y dura. Esos incompetentes. Acierto a decir "no sé cómo pudieron" y le digo a mi director "no sé cómo pude". Y él tampoco se explica cómo redacté la tesis en tan poco tiempo... Y tengo que tragar saliva porque sí, ahora ya sí, entramos y comenzamos la defensa. Una defensa ya normal, tensión perdida ante lo acontecido, sin bajas, excepto alguna que otra hormiga corriendo por las mesas, A Raíña das Formigas. No me extiendo mucho en mi intervención, confieso que no tenía claro qué se esperaba que dijese. Seguidamente habla el tribunal, una por uno, aportaciones valiosísimas que tendré en cuenta para mejorar una tesis que parece que gustó, pero que fue polémica, que quizás no seguía el estilo esperado en un trabajo académico. Hablamos rápido, pesaba el retraso de más de una hora que llevábamos a cuenta del malherido señor José. Tras una pausa de minutos, contesto con brevedad a las cuestiones que considero más relevantes de las propuestas por el tribunal. Habla mi director ya que ningún doctor/a pregunta, en la ya mermada audiencia de la sala en esas horas de comer. Es emocionante porque, más de diez años después, por fin lo conseguimos. Y salimos unos minutos para que el tribunal ponga nota, nota que comunica la presidenta ante los tres que por aquel entonces quedábamos, en pie. Y mi matrona, emocionada, me regala una preciosa libreta para que siga escribiendo. Y hacemos fotos y abrazos y besos y alguna lágrima. Para el cum laude sigue el misterio hasta el día 20 que en una de esas reuniones de estas cosas abran los sobres con el voto secreto del tribunal. Y, sin la secretaria que se marchaba ya a otra defensa (fruto del fordismo wertiano como bien definió la presidenta), fuimos a comer los cuatro, e intercambiamos libros e ideas y propuestas interesantes de futuro. Porque la tesis no es máis que el punto de partida. Gracias al tribunal, Helena, Beatriz y Martin. Gracias a Marta y Ana por el apoyo presencial y gracias a las compañeras por la fuerza virtual. Y, sobre todo, gracias a mi director, Burghard, por confiar en el proyecto y organizar todo. Solo tuve que preocuparme de escribir.
PD: desconozco el estado actual de José, no parecía grave.

A pel entre as noites

A pel entre as noites
Ás escuras decidimos o noso mellor corpo
A miña epiderme é a sequía que parece queimarte
todas as miñas células abertas
gorxa arrasada de tanta e tanta chuvia
A cama é cemiterio
de sabas sen soño
dos fantasmas que me visitan cada noite
para esfolarme a pel
entre os seus dedos tersos
Anda escondida a morte que me chucha
as costelas
Sen abrazo
Ti dormes a un millón de quilómetros luz mexido por abellas
Están rotas as mans
O sangue que se para
O corazón detén a súa carreira
Traes todo o frío
O teu estómago o abismo onde calcinan bolboretas
o seu soño herbívoro
Universos de sangue sexo seme
que duran un segundo
na miña carne tatuada
Eu xa quedo
sombra da morte
para tocar o ceo
Son día de penumbra
xeonllos feridos de cinzas

La piel entre las noches
A oscuras decidimos nuestro mejor cuerpo
Mi epidermis es la sequía que parece quemarte
todas mis células abiertas
garganta arrasada de tanta y tanta lluvia
La cama es cementerio
de sábanas sin sueño
de los fantasmas que me visitan cada noche
para desollarme la piel
entre sus dedos tersos
Anda escondida la muerte que me succiona
las costillas
Sin abrazo
Tú duermes a un millón de kilómetros luz mecido por abejas
Están rotas las manos
La sangre que se para
El corazón detiene su carrera
Traes todo el frío
Tu estómago el abismo donde calcinan mariposas
su sueño herbívoro
Universos de sangre sexo semen
que duran un segundo
en mi carne tatuada
Yo ya me quedo
sombra de la muerte
para tocar el cielo
Soy día de penumbra
rodillas heridas de cenizas