29 de xaneiro de 2016

Leite e patriarcado






Leite e patriarcado
O meu pai ten dúas irmás: unha do seu mesmo pai e nai e outra simplemente de leite.
Cando a miña avoa Carmen estaba acabada de parir, unha muller da parroquia veulle pedir por caridade que aleitase á súa filla porque ela estaba seca. Sen teta, a nena morrería nos seus primeiros días, cousa nada extraordinaria nun ano de fame coma o 41. "Tráema logo" e, despois de mamar o meu pai, a nena zugaba o que aínda quedaba. O seu marido non estaba en absoluto de acordo coa decisión dela, "pobriña de ti como lle falte leite ao meu fillo", advertíralle. A xenerosa Carmen, sempre tan sumisa ao seu home, neste caso mantívose firme na súa decisión e, gracias á optimización do seu valioso e nutritivo leite saíron adiante dúas criaturas: meu pai con certa vantaxe, como é natural, e a súa compañeira de leite que aproveitou ata a última gota.


Extraído de http://nubosidadevariabel.blogspot.com.es/2006/08/leite-ou-patriarcado.html
A foto acompaña o texto no blog.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario